Publicador de contidos

Publicador de contidos

Investigan o lanzamento de pedras a cinco vehículos desde unha pasarela sobre a AP-9 en Vigo

Investigan o lanzamento de pedras a cinco vehículos desde unha pasarela sobre a AP-9 en Vigo

Os coches sufriron danos nos cristais e na carrocería

Un dos condutores que denunciou os feitos resultou afectado polos cristais que lle saltaron nos ollos

G24.gal 11/02/2025 14:17

Non é a primeira vez que acontecen este tipo de feitos nesta zona. Hai dez anos guindas pedras desde as pasarelas aos coches que circulan pola AP-9 foi unha tendencia entre un grupo de menores que finalmente foron identificados. Nas últimas horas esta autoestrada volveu ser escenario desta práctica.

Desta vez as pedras impactaron contra cinco vehículos que causaron danos nos cristais e na carrocería. 

A un dos condutores que presentou denuncia na comisaría os cristais saltáronlles aos ollos perdendo o control do vehículo. 

A policía investiga os feitos para dar cos autores. As forzas de seguridade lembran que se trata dunha práctica perigosa tipificada no Código penal como un delito contra a seguridade viaria que pode ser castigado con pena de prisión.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade