Colas quilométricas na AP-9 tras un accidente polo atropelo dun xabaril á altura de Cambre
O sinistro provocou o corte do tráfico e retencións de varios quilómetros que aínda non se solucionaron, o carril esquerdo segue pechado
Recoméndase buscar alternativas para viaxar cara a Santiago
Ultrasons e barreiras olfactivas para afastar o xabaril nas estradas
Novo accidente de tráfico na AP-9 tras atropelar un cohe a un xabaril á altura de Cambre. O suceso produciuse pouco despois das 07:20 horas á altura da parroquia de Cecebre, en sentido Santiago.
Foi un particular o que alertou o 112 para dicir que se producira un atropelo a un xabaril. Isto provocou unha colisión múltiple con catro vehículos implicados e quedaron feridas sete persoas de carácter leve.
📢⚫️En A Coruña, un accidente provoca el corte de la AP-9, en Cambre, sentido Santiago de Compostela.
— Dir. Gral. Tráfico (@DGTes) February 10, 2025
➡️Vehículo accidentado en el kilómetros 12.
➡️Les pedimos que tengan mucha precaución en este tramo y vía. pic.twitter.com/J4DLdGDidO
O sinistro provocou o corte do tráfico e retencións de varios quilómetros que aínda non se solucionaron, o carril esquerdo segue pechado. Recoméndase buscar alternativas para viaxar cara a Santiago. Por exemplo, pola Nacional-550 ou pola A-6.
Os servizos de Emerxencias mobilizaron a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros do parque comarcal de Betanzos, Protección Civil e Garda Civil de Tráfico.
Dende hai dez anos, a responsabilidade dos atropelos de animais cinexéticos é case exclusivamente do condutor, non dos coutos coma antes.
Pero que pasa nas autoestradas?
"A autoestrada ten que estar exenta de que poidan entrar persoas e animais. Sería a concesionaria a responsable de que o animal non acceda pero esto é só a teoría porque os animais, sobre todo os xabarís, acceden con relativa facilidade", advirte Francisco Rodríguez, responsable do Grupo Ártabro-AXA.
Os usuarios están fartos. Basta con mirar para ás beiravías. Hai valados en mal estado e os accesos dos coches son un camiño máis para, neste caso, os xabarís. É o animal que máis accidentes provoca. Máis dun milleiro o ano pasado, o que se traduce en tres grandes sustos cada día.