Publicador de contidos

Publicador de contidos

Tres feridos nun dobre accidente na contorna do aeroporto de Vigo

Tres feridos nun dobre accidente na contorna do aeroporto de Vigo

Dous axentes de tráfico que acudiron a sinalizar un primeiro sinistro entre dous coches e un camión resultaron feridos ao ser embestido o seu coche por outro vehículo

G24.gal 05/02/2025 22:20 Última actualización 05/02/2025 22:48

Dous axentes da Garda Civil foron embestidos este mércores por un turismo cando estaban a sinalizar os accesos á AP-9 para poder organizar o tráfico debido ás retencións provocadas por un accidente rexistrado á saída do aeroporto de Vigo. Ese primeiro accidente entre un camión e dous turismo saldárase cun ferido.

Posteriormente, un condutor que non de decatou da presenza dos axentes na zona acabou impactando contra eles, razón pola que foron derivados a un centro hospitalario, segundo informou o Instituto Armado.

O turismo causante do choque envorcou e o vehículo que utilizaban os gardas tamén sufriu danos materiais.

Por agora, descoñécese o alcance das lesións dos axentes.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade