Publicador de contidos
Publicador de contidos

Morre a muller do veterinario falecido o sábado en Xermade nun accidente tras unha sarabiada

Morre a muller do veterinario falecido o sábado en Xermade nun accidente tras unha sarabiada

A muller estaba ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en estado moi grave e, segundo informaron a Europa Press, faleceu ás 11:00 horas deste martes

G24.gal 28/01/2025 12:56

A muller do veterinario lucense que morrera por mor dun accidente rexistrado o sábado en Xermade durante unha sarabiada tamén faleceu este martes.

A muller estaba ingresada na UCI do Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC) en estado moi grave e, segundo informaron a Europa Press, faleceu ás 11:00 horas deste martes.

O home faleceu o propio día do sinistro, que consistiu nunha colisión frontal entre dous vehículos na LU-540 ao seu paso por Xermade. Catro persoas, unha delas a súa muller, que agora faleceu, quedaron feridas no accidente.

No momento do accidente no lugar había unha forte sarabiada. Ata o punto mobilizouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago, os Bombeiros de Vilalba, Protección Civil e a Garda Civil.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade