Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade

Un morto e catro feridos nun accidente de tráfico en Xermade

A vítima é un home de 55 anos de Lugo, que conducía un Fiat Seicento, no que viaxaban outros tres pasaxeiros que quedaron feridos de gravidade.

O outro coche implicado no accidente é un Audi no que só ía o conductor, que tamén quedou ferido

No momento do accidente, contra as tres da tarde, estaba caendo unha forte sarabia

Un dos vehículos implicados no accidente de Xermade, Lugo
G24.gal 25/01/2025 17:15 Última actualización 25/01/2025 21:18

O mal tempo, unha intensa sarabiada, parece ser a causa dunha colisión frontal entre dous coches no concello de Xermande. O condutor dun dos vehículos faleceu tras o impacto.

Un veciño de Lugo de 55 anos morría a primeira hora desta tarde nun grave accidente de tráfico que se producía no quilómetro 39 da LU540 no concello de Xermade.

Ademais deste falecido, outras tres persoas resultaron feridas de gravidade e unha leve logo dun coche frontal entre un Fiat Seicento L e un Audi Q5.

O condutor do Audi viaxaba só e resultou ferido leve. No outro vehículo, que despois do choque frontal caeu pola zanxa da beiravía, ían catro persoas. Ademais do condutor falecido, tamén viaxaba a súa muller, que ía no asento do copiloto e tivo que ser escarcerada polos bombeiros e trasladada no helicóptero medicalizado.

Tanto ela coma os outros dous ocupantes do vehículo, que tamén foron hospitalizados, resultaron feridos de gravidade.

O outro coche implicado no accidente de Xermade. Foto: O outro coche implicado no accidente de Xermade. Foto:
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade