Falece un condutor tras saír da vía cando circulaba pola N-550, en Ordes
Falece un condutor tras saír da vía cando circulaba pola N-550, en Ordes
Como consecuencia do impacto, a persoa quedou atrapada no interior, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros
Falece unha persoa nun accidente de tráfico que ocorreu esta venres pola mañá na N550, á altura de Leira, no concello coruñés de Ordes. Segundo informou o 112, a vítima quedou atrapada no vehículo tras saír da vía.
#AXEGAInforma dun condutor falecido
— 112 Galicia (@112Galicia) January 31, 2025
📍N550, Leira, #Ordes
▶️A vítima quedou atrapada no vehículo tras saírse da vía
🚨Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros Betanzos, Policía Local, @guardiacivil de Tráfico pic.twitter.com/MWyF2gnSM8
Foron os axentes da Policía Local os que avisaron a través da súa chamada ao 112 Galicia. Segundo indicaron, o vehículo no que viaxaba a vítima saíu da vía. Como consecuencia do impacto, a persoa quedou atrapada no interior, polo que foi necesaria a intervención dos bombeiros.
Así, acudiron os efectivos do parque comarcal de Betanzos, que procederon a liberar o único ocupante do turismo. Aínda así, nada puido facerse por salvar a súa vida. Ademais dos equipos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, bombeiros e axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, avisouse o persoal de limpeza e mantemento da vía e mais a empresa subministradora da enerxía eléctrica por un cable que quedou afectado polo accidente.