O plan fronte a inundacións da Xunta segue activo por risco de desbordamento do Tambre e o Lérez
O plan fronte a inundacións da Xunta segue activo por risco de desbordamento do Tambre e o Lérez
Os servizos de emerxencia lembran a importancia de adoptar medidas de autoprotección e evitar achegarse as zonas anegadas
A Xunta de Galicia mantén activo o Plan Especial de Protección Civil ante o risco de inundacións (Inungal) debido a posibles desbordamentos puntuais de certos ríos.
Segundo explica o 112, os últimos datos facilitados polos distintos organismos de xestión de concas hidrográficas apuntan a que o río Tambre, en Oroso, e o río Lérez, en Pontevedra, experimentaron considerables aumentos do seu caudal e poden rexistrar desbordamentos.
Neste contexto, os servizos de emerxencia lembraron a importancia de que a poboación adopte medidas de autoprotección que contribúan a garantir a súa seguridade.
Entre elas, recomendan non levar a cabo actividades no leito destes ríos, non cruzar zonas asolagadas, saír do vehículo e buscar unha zona elevada no caso de que a auga alcance o coche ou, en caso de inundación dunha vivenda, subir á zona máis elevada e pedir axuda.