Concentracións contra o estatuto marco dos médicos
Os sindicatos rexeitan as xornadas obrigatorias de 48 horas e consideran que o sistema de incompatibilidades é demasiado ríxido
O xoves teñen convocada unha manifestación fronte ao Ministerio de Sanidade
Houbo concentracións en distintas cidades de España contra o borrador do novo estatuto que regulará a actividade dos médicos. Os sindicatos rexeitan as xornadas obligatorias de 48 horas e consideran que o sistema de incompatibilidades é demasiado ríxido, ao impedir que os xefes de servizo na sanidade pública poidan traballar tamén na privada. O próximo xoves convocaron unha gran manifestación ante o Ministerio de Sanidade en Madrid.
En Ourense, Hugo Alonso García, delegado sindical de OMEGA, explicaba que "hai bastantes puntos que nos prexudican: unha xornada laboral de 48 horas, que as gardas na maioría dos casos non computan como tempo traballado cara a xubilación, non somos considerados profesión de risco".