Morre unha muller na colisión frontal de dous vehículos en Ames
A condutora do outro turismo sufriu feridas de gravidade
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250206/accidnte.jpg)
A condutora dun vehículo faleceu nun accidente de circulación que tivo lugar no quilómetro 6 da estrada que une Bertamiráns con Negreira (AC-544), no lugar de Portanxil (Ames). Segundo informa o 112, colidiu frontalmente contra outro turismo, cuxa condutora quedou ferida. As dúas quedaron atrapadas e foi necesaria a intervención dos bombeiros de Santa Comba e Boiro, ademais dos efectivos do GES de Brión, para a súa liberación. A falecida era veciña de Santiago de Compostela.
🔴 #AXEGAInforma do falecemento dunha persoa tras unha colisión entre dous coches en Ames.
— 112 Galicia (@112Galicia) February 6, 2025
📍 Km. 6 da AC-544, Trasmonte.
➡️ A outra condutora resultou ferida de gravidade.
🔗 https://t.co/obCIurnzcY pic.twitter.com/YxN13OBTUz
Ata o lugar do sinistro desprazouse o helicóptero medicalizado con base en Santiago. O persoal sanitario atendeu as dúas mulleres das súas graves feridas, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida a unha delas. Confirmaron o seu falecemento mentres estaba sendo trasladada a un centro sanitario.