Publicador de contidos

Publicador de contidos

Xa hai acordo para o ERE de Levantina no Porriño

Xa hai acordo para o ERE de Levantina no Porriño

Afectará 66 traballadores e incentivará saídas cunha indemnización de 25 días por ano traballado

G24.gal 06/02/2025 20:24

A filial de Levantina no Porriño, Levgranite, comunicou este xoves que chegou a un acordo co comité de empresa da planta para a aplicación do expediente de regulación de emprego (ERE) que se veu negociando nas últimas semanas, cunha afectación do 57% do persoal (máximo de 66 traballadores dun total de 116) e saídas progresivas con indemnización de 25 días por ano traballado, ata un máximo de 13 mensualidades.

A empresa trasladou que o acordo "garante a actividade industrial" e, ademais de reducir o impacto no persoal (inicialmente o ERE expúxose para 95 empregados), "mellora as condicións" de saída dos traballadores que se irán.

"A compañía quere destacar o respecto e o traballo conxunto cos representantes dos traballadores grazas aos que se puideron atopar alternativas para garantir a súa viabilidade, conservando o máximo número de postos de traballo", destacou nun comunicado.

Así mesmo, Levgranite sinalou a súa confianza en que a súa nova estrutura "impulse a competitividade" da planta no actual mercado internacional da pedra natural, neste caso do granito, e sinalaron que son conscientes do "impacto social" deste proceso e da "relevancia de Levgranite no tecido industrial da rexión".

Fontes sindicais apuntaron que o acordo foi apoiado en asemblea "de forma moi maioritaria", e que a empresa trasladou que o proceso de venda da planta a Grupimar non avanza.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade