A xuíza que investiga o irmán de Pedro Sánchez desconfía dos informes de traballo que remitiu
A maxistrada pediu coñecer por que nos informes anuais do traballo realizados por Sánchez e remitidos pola Deputación de Badaxoz figura a data e a súa sinatura manuscrita, en substitución da súa firma dixital
O Goberno denuncia "persecución" contra o irmán de Pedro Sánchez
![](https://www.g24.gal/prog24/2025/20250206/DAVIDSANCHEZ.jpg)
A xuíza instrutora da causa aberta a David Sánchez, irmán do presidente do Goberno, pediu coñecer por que nos informes anuais do traballo realizados por este e remitidos pola Deputación de Badaxoz ao xulgado figura a data e a súa firma manuscrita en substitución da súa firma dixital.
A través dunha resolución, a xuíza solicitou ao letrado da Deputación pacense que achegue explicacións “o máis axiña posible”, segundo informaron a EFE fontes xudiciais.
Neste sentido, solicita ao letrado que explique os motivos polos que estes informes anuais sobre o traballo de David Sánchez, quen este mércores presente a súa renuncia ao cargo, son os únicos documentos remitidos ao xulgado "sen a preceptiva firma electrónica".
Ademais, a xuíza quere coñecer que aclare se estes informes foron enviados a través de medio telemático onde conste a súa data de emisión e recepción polo seu destinatario.