Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Goberno denuncia "persecución" contra o irmán de Pedro Sánchez

O Goberno denuncia "persecución" contra o irmán de Pedro Sánchez

David Sánchez levaba traballando na Deputación de Badaxoz desde 2017
G24.gal 06/02/2025 14:26

David Sánchez dá un paso ao lado e renuncia ao posto de alta dirección que tiña na Deputación de Badaxoz desde xullo de 2017. 

O irmán do presidente do Goberno abandona o seu posto de xefe da Oficina de Artes Escénica, en plena investigación xudicial sobre como conseguiu ese contrato. 

A xuíza que leva o caso sostén que todo fai indicar que ese posto de traballo se creou especificamente para el. A renuncia prodúcese despois de que o concurso para o seu programa estrela quedase deserto. Non houbo ningunha empresa interesada. 

Na deputación agradécenlle o traballo e entenden a marcha. Desde o Goberno saíron en tromba a defendelo. Denuncian unha cacería, defenden os seus méritos e din estar tranquilos porque o tempo "determinará que aquí non hai nada", sostén a voceira do executivo, Pilar Alegría.  

O Partido Popular tira de sarcasmo. Di Feijóo que "por algo se comeza", e apunta ao presidente do Goberno. O líder popular convida o presidente Sánchez a tomar o mesmo camiño porque, "España necesita de políticos limpos e un presidente libre de sospeita". 

O músico declarou como investigado hai case un mes. Negou as acusacións de absentismo laboral e defendeu a legalidade no seu acceso á praza. A investigación segue viva. O presidente do organismo provincial tamén está a ser investigado neste caso. A Deputación volverá sacar a concurso este contrato.

David Sánchez leva traballando na Deputación de Badaxoz desde 2017
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade