Publicador de contidos

Publicador de contidos

Seis novas testemuñas declaran na causa contra o irmán de Pedro Sánchez

Seis novas testemuñas declaran na causa contra o irmán de Pedro Sánchez

As acusacións populares cren que a praza estaba feita á medida do investigado

G24.gal 07/02/2025 14:32

Este venres foi a quenda para outras seis testemuñas na causa que investiga o irmán do presidente do Goberno por suposta prevaricación e tráfico de influencias.

A instrutora citou un aspirante ao posto que finalmente ocupou David Sánchez e tres traballadores da Deputación de Badaxoz. Tamén un sindicalista e o exlíder de Podemos en Estremadura, que no seu momento criticaron a creación da praza.

As acusacións populares cren que estaba feita á medida do agora investigado. Para José María Bueno, avogado de Manos Limpias, "foi un proceso absolutamente irregular, era un posto dado ad hoc, como se está acreditando".

A Deputación de Badaxoz vai volver convocar a praza de xefe da Oficina de Artes Escénicas á que renunciou David Sánchez esta mesma semana. Para Javier Pérez-Roldán, avogado de Hazte Oír, esta renuncia "acredita que hai certas irregularidades".

A xuíza que leva o caso recea dos informes anuais sobre o traballo que desenvolveu David Sánchez. Pediulle ao letrado da Deputación que explique por que llos enviou sen sinatura electrónica. Hazte Oír sospeita que foron redactados unicamente para a investigación, "en cuxo caso, podería haber un novo delito de falsidade documental", segundo o seu letrado. As acusacións populares cren que hai evidencias de abondo para abrir xuízo oral.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade