As clínicas dentais súmanse á moda dos tratamentos estéticos
Elixir ben o sitio é fundamental e o distintivo U.48 que outorga sanidade é a maior garantía
Cada vez máis clínicas dentais se suman á moda dos tratamentos estéticos sobre todo de rexuvenecemento facial.
A pregunta é se os dentistas poden facer este tipo de tratamentos que ata hai pouco só facían os médicos estéticos, nós falamos con eles para aclaralo.
O desenvolvemento de técnicas cada vez menos invasivas fai que moitos se animen a facerse algún tratamento estético para mellorar o aspecto físico. Ante a alta demanda deste tipo de técnicas cada vez súmanse mais clínicas dentais que xa ofrecen esos servizos, algo que non comparten os médicos estéticos.
O tratamento máis demandado é o rexuvenecemento facial con infiltración de ácido hialurónico. Os dentistas aplican o regulamento que lles permite tratar a tercio inferior da cara.
O auxe dos tratamentos estéticos require uha regulación que garanta a seguridade dos pacientes. O 65% dos procedementos estéticos que se fan en España realízanse por profesionais non cualificados.
Elixir ben o sitio é fundamental, e o distintivo, o U.48 que outorga sanidade é a maior garantía.