A OCU advirte de que a manicura rusa aumenta o risco de infeccións
A OCU advirte de que a manicura rusa aumenta o risco de infeccións
O problema é que elimina a barreira protectora da cutícula, o que facilita que se introduzan bacterias e patóxenos
Dende os salóns de unllas din que se hai unha boa esterilización, non hai risco
A manicura rusa é a última moda no cuidado das unllas e consiste en retirar as cutículas cunha broca eléctrica. Con esta técnica conséguese un aspecto máis pulido e duradeiro, pero tamén aumenta o risco de infeccións.
Dende a OCU alertan da perigosidade deste tipo de manicura: "O que se fai é eliminar a cutícula, que é unha barreira protectora, que dá acceso á unlla e que evita que se introduzan bacterias e patóxenos".
Dende os salóns de unllas din que se hai unha boa esterilización e se ten "moito cuidado coa cutícula e de non facerlle dano á unlla", non hai risco. Ademais, engaden que tras facer este tipo de manicura "ten máis durabilidade e as unllas quedan máis bonitas".