Publicador de contidos
Publicador de contidos

Cando perdemos o bronceado é habitual descubrir manchas na pel

Cando perdemos o bronceado é habitual descubrir manchas na pel

As manchas e a deshidratación de carácter estético tamén teñen tratamento

G24.gal 28/09/2024 20:10 Última actualización 28/09/2024 20:51

Despedimos o verán e imos perdendo o moreno. Neste momento é doado achar manchas na pel, que sen comprometer a saúde, afecten á estética. Os tratamentos para corrixilas dependen do tipo de mancha, de onde se localicen e do paciente.

A luz pulsada, por exemplo, segundo nos explican nunha clínica de medicina estética de Santiago, vai ben en manchas moi puntuais.

"As que se chaman léntigos solares ou senís, que son de bordos moi definidos, pequeniñas, que aparecen moito tamén nas mans, no escote e na cara", indícanos Yolanda Albelda, directora técnica da clínica.

Para as manchas hormonodependentes, máis frecuentes en mulleres e asociadas a embarazos e cambios hormonais, aconséllannos os peeling químicos e os despigmentantes.

"O que vas facendo é un 'turn over' da pel. Vas eliminando células mortas e aparece unha pel nova en que os melanocitos superficiais xa non están", apunta Yolanda Albelda.

Con manchas postinflamatorias, típicas en xente nova, o primeiro que fan nesta clínica, porén, é tratar a inflamación.

"Xente que padece gromos de acne, por exemplo. Que tocan o gran, ocasionan unha inflamación, dálle o sol e déixalle unha mancha", relata a responsable da clínica.

Tras perder o bronceado tamén é habitual apreciar unha falta de luminosidade e engurras de deshidratación. Neste caso o consello é unha limpeza adaptada ao tipo de pel.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos