Publicador de contidos

Publicador de contidos

Aparece decapitada a escultura do centro cultural da Seca en Cambados

Aparece decapitada a escultura do centro cultural da Seca en Cambados

Os estragos no paseo do Esteiro de Tragove atribuídos a accións vandálicas son continuos

Imaxe deste mércores da escultura feita pola Escola de Canteiros de Pontevedra instalada onda a Casa da Cultura de Corvillón, en Cambados
G24.gal 05/02/2025 14:01

O espazo que rodea a Casa da Cultura de Corvillón, en Cambados, está cheo de pegadas de accións vandálicas atribuídas a individuos incontrolados que se mesturan coa xente moza que se xunta polas noites nesta zona.

Dos seus ruídos, molestias e estragos saben ben os residentes nesta zona de Tragove. O último foi a decapitación da escultura instalada no miradoiro ao esteiro da Seca, novo acto vandálico no equipamento dun espazo natural fermoso e de moita andaina.

"Quitarlle a cabeza á escultura non ten sentido, o mesmo que romper as cousas. Non ten sentido, porque o pagamos todos", afirma unha muller que ía polo paseo.
"Neste paseo tan extraordinario cunha zona húmida fantástica podías camiñar de noite e íanse acendendo as luces segundo camiñabas e... a patadas, estragáronas. Repuxéronas e outra vez están estragadas. E o da escultura? É que non teño palabras.....", sinala un home.

Barbaridade, acto incomprensible... son outras reaccións ante a desfeita dalgún descerebrado que deixou no sitio o proxectil empregado contra o patrimonio municipal.

"Que sentido ten quitarlle a cabeza á estatua?. Son delincuentes que andan soltos por aí e non se sabe quen son", di outro paseante. 

A reparación desta obra artística da Escola de Canteiros de Pontevedra vai requirir levar toda a peza a un taller de cantería para a súa restauración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade