Os animais varados nas costas galegas roldan os 700 por segundo ano consecutivo
Os animais varados nas costas galegas roldan os 700 por segundo ano consecutivo
Segundo a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, mais do 30 % foron capturas accidentais
Só un de cada dez animais varados chega á costa con vida
A maior parte dos cetáceos que aparecen varados nas costas galegas son os golfiños comúns, seguidos dos arroaces.
Os datos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños reflicten que nos dous últimos anos aumentaron os animais que chegan ás praias.
"Tanto no 2023 coma no 24 houbo un aumento de varamentos moi significativo, tendo en conta que nos anos anteriores a media era de 270 e a chegada de preto de 700 animais, é un incremento moi moi grande do que viñamos tendo", explica Uxía Vázquez, vicepresidenta da CEMMA.
A explicación que dan os expertos é que a busca de comida atrae os cetáceos ao litoral.
"Os seus hábitos cambian en función do seu alimento. Achéganse máis aquí en busca de alimento e cando chegan aquí xa están débiles ou desoriéntanse, polo tanto acaban varando con moita máis frecuencia. Tamén están pescando en caladoiros de pesca, o que significa que hai máis interacción cetáceo-pesca, moi importante", di Uxía Vázquez.
De feito, tres de cada dez cetáceos varados presentan indicios de morreren capturados accidentalmente en artes de pesca.
"Teriamos que controlar, se cadra, un pouco máis esas capturas accidentais, que supoñen máis do 30 por cento das mortes dos cetáceos e intentar paliar un pouco os efectos do aumento da temperatura global", asegura.
Só un dez cada dez animais chega con vida a terra e pode ser devolto ao mar.