Aparece un cetáceo de seis metros nunha praia de Arteixo
Está previsto que se acheguen ao lugar os biólogos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cenma) para velo e tomar mostras

Un veciño de Arteixo atopa o corpo sen vida dun cetáceo varado nunha praia. Está nunha zona de difícil acceso, xusto nos acantilados.
Está previsto que se acheguen ao lugar os biólogos da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños (Cenma) para velo e tomar mostras. Afirman que será complicado xa que se atopa nun estado avanzado de descomposición.
Este cetáceo é un caldeirón que fan migracións de norte a sur e é pouco común velos preto da costa. Entre as primeiras hipóteses está que varase en mar aberto e que co paso dos días e coa corrente chegase a este punto.
O tamaño máis grande dun adulto é os seis metros e poden chegar a pesar máis dunha tonelada. Poden darse situacións como as que xa ocorren nas praias galegas, sobre todo durante o 1998 ou 2003, que aparecían nas costas moitos exemplares preto de 20 ou 25.