Publicador de contidos
Publicador de contidos

As varadas de cetáceos van camiño de alcanzar unha cifra récord na costa galega

As varadas de cetáceos van camiño de alcanzar unha cifra récord na costa galega

A Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos mariños rexistrou xa 390 varadas no que vai de ano

O 60 por cento dos cétaceos que varan na costa son golfiños comúns

G24.gal 17/08/2024 14:45

A especie máis numerosa entre os cetáceos que varan na costa é o golfiño común. No que vai de ano xa se produciron arredor de 390 varamentos de cetáceos. De manterse este tendencia, o 2024 alcanzará un cifra récord.

"O ano pasado chegamos case a 700 varadas, e este ano xa van case 390 de cetáceos. Se sumamos tartarugas, focas e quenllas xa chegamos aos 430, o que é moito máis que a media anual das últimas tres décadas, que era de 270 animais”, explica Pablo Covelo, biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños.

Na Coordinadora para o Estudo dos mamíferos mariños observan un cambio importante de tendencia. As varadas de cetáceos producíanse sobre todo no inverno, coincidindo cos temporais do suroeste, pero agora estanse dando cada vez máis nos meses do verán.

"O 60 por cento dos casos dos cétaceos é golfiño común, que é unha especie que normalmente está afastada da costa, fóra das illas, no caso das Rías Baixas, pero que nos últimos anos estamos vendo que entra moito no verán buscando alimento”, di Pablo Covelo.

Esa busca de alimento explica tamén os avistamentos cada vez máis frecuentes de baleas, como o  que se produciu este luns nas illas Sisargas ou estoutro do sábado pasado preto da illa de Sálvora.

"Estanse observando máis, porque ademais a nivel global hai un aumento da poboación de rorcual común, que é a especie que se está a ver estes días nas costas galegas, vai en aumento", asegura o biólogo da Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños

Os cetáceos que varan na costa representan só unha cuarta parte dos que morren ao longo do ano. No 40 por cento dos casos, segundo o Cemma, a causa de morte son as artes de pesca.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade