Cargando resultados...
Porto do Son rexistra un pequeno terremoto na madrugada deste martes
Segundo o Instituto Xeográfico Nacional alcanzou os 1,9 graos na escala de Richter

G24.gal
15/04/2025 10:35
O municipio coruñés de Porto do Son rexistrou un pequeno tremor de terra ocorrido na madrugada deste martes, 15 de abril.
Segundo a información do Instituto Xeográfico Nacional, o terremoto alcanzou os 1,9 graos na escala de Richter. Menos de tres graos son identificados como un sismo menor, que xeralmente non é perceptible polos habitantes.
O epicentro situouse na ría de Muros e Noia, fronte á costa de Porto do Son, sobre as 00:35 horas deste martes.