Publicador de contidos

Publicador de contidos

Conflito veciñal á conta dos ruídos que xeran os inquilinos dun edificio en Oza-Cesuras

Conflito veciñal á conta dos ruídos que xeran os inquilinos dun edificio en Oza-Cesuras

Teñen gravacións nas que se escoitan os berros, disputas e portazos que alteran o descanso de todos os residentes

G24.gal 07/02/2025 13:08

Os veciños do inmoble situado no número 63 do Lugar de Frais en Oza-Cesuras din vivir nun inferno constante a causa dos ruídos que producen cada noite e madrugada os inquilinos que residen no segundo andar.

De feito, chegaron a facer gravacións nas que se escoitan os berros, disputas e portazos que alteran o descanso de todos os residentes.

No piso residen un matrimonio maior e unha filla e os afectados aseguran que, ata a súa chegada, nunca tiveran un problema de convivencia.

Coas probas que recadaron, xa presentaron denuncia na Policía Local e nos Servizos Sociais pero din sentir impotencia pola súa inacción. De feito, dende o equipo da TVG intentamos poñernos en contacto coa familia en cuestión, pero non logramos obter ningunha resposta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade