Publicador de contidos

Publicador de contidos

En Corexo, Santiago, cada día están máis cansos do gando que ceiba un veciño

En Corexo, Santiago, cada día están máis cansos do gando que ceiba un veciño

Aseguran que as administracións non atenden as súas reclamacións polos danos e o risco que o gando solto supón para a veciñanza e para o tráfico

Imaxe deste xoves pola mañá dunha das zonas en que o gando atravesa a estrada que enlaza Santiago e Vedra
G24.gal 06/02/2025 14:07

Un veciño de Corexo, en Santiago, é o destinatario das protestas do resto de residentes neste lugar compostelán polos estragos que a súa cabana de vacún, 18 animais, ocasiona nas propiedades da contorna. Cada tarde ceiba os animais, que van dun lado ao outro da estrada que enlaza Santa Lucía e Vedra na procura de pasto.

"Por iso estamos aquí ás noites berrándolle a este home para que recolla os animais, porque tememos accidentes. De día aínda se ve algo, pero de noite non se ve nada" di Daniel, veciño deste lugar da parroquia de Marrozos.

E como relata, foi de noite, hai unha semana cando tivo lugar o último accidente ocasionado por unha vaca cun coche procedente de San Xián. "O xoves houbo un accidente, cunha vaca que morreu, e houbo coller dúas persoas que camiñaban pola estrada e detrás viña o autobús de Santiago a Vedra, e isto puido ser un caos total.

Os animais móvense ás súas anchas pola estrada un quilómetro para a esquerda e outro para a dereita. Dá igual. E para que atravesen a estrada, este señor non pon ningunha sinalización, nin un simple chaleco reflector".

Engade Daniel que en Corexo levan desde anos atrás pedindo solución ante isto. "Temos presentado reclamacións en todas as administración e instancias vencelladas con este asunto. A día de hoxe non temos resolución para nada. Para nada".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade