Publicador de contidos

Publicador de contidos

12 meses/12 causas na área sanitaria de Ourense: febreiro céntrase nos cribados poboacionais

12 meses/12 causas na área sanitaria de Ourense: febreiro céntrase nos cribados poboacionais

 O programa busca divulgar entre a xente maior como afrontar as enfermidades máis comúns, como a diabetes ou a hipertensión

As enfermeiras ensínanlles de xeito práctico a facer os cambios posturais a enfermos que están encamados
G24.gal 07/02/2025 17:49

12 meses/12 causas é un innovador programa da área sanitaria de Ourense. Desde os servizos de Enfermería Familiar e Comunitaria en colaboración cos equipos médios dos centros de saúde van dedicar cada mes a divulgar entre a xente maior como afrontar as enfermidades máis comúns, como a diabetes ou a hipertensión.

O mes de xaneiro dedicouse á enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC), e o mes de febreiro a informar sobre os cribados poboacionaisEstes días, por exemplo, están impartindo obradoiros en Chandrexa de Queixa. 

Máis de media ducia de mulleres e un home de Chandrexa de Queixa aprenden de xeito práctico como facer cambios posturais para evitar danos na pel dunha persoa encamada. 


Lucía Bruquet, enfermeira especialista en Medicina de Familia e Comunitaria: "Debido ao avenllentamento que temos e á dispersión xeográfica, é unha maneira de achegar a saúde a eles, os servizos que temos. Empoderar a poboación de maneira que eles sexan capaces de exercer uns coidados de calidade, que se sintan seguros e darlle un pouco estratexias e técnicas que ás veces lles faltan". 

Normalmente aquí no rural os enfermos cóidanse nas casas. Hai persoas que teñen un enfermo e non saben como actuar", asegura unha veciña do concello ourensán de Chandrexa de Queixa. 
 

"Porque loxicamente mobilizar durante moito tempo, ao mellor durante anos, pois ao final pode repercutir na saúde da persoa coidadora, e estes talleres son moi importantes precisamente para ensinarnos como temos que coidar e como temos que coidarnos", apunta outra veciña. 
 

Carlos Moral Paredes, médico de Atención Primaria en Chandrexa de Queixa: "Ao ter tempo que é un valor importantísimo a día de hoxe na Sanidade podemos facer unha atención moito máis personalizada".

Da man das enfermeiras especialistas en medicina familiar e comunitaria e os equipos médicos reciben as ferramentas necesarias para coidar un enfermo e tamén para detectar, controlar e previr as enfermidades máis comúns entre a poboación. 

Lucía Bruquet, enfermeira especialista en Medicina de Familia e Comunitaria:
"Por exemplo, no mes de xaneiro dedicouse á enfermidade pulmonar obstrutiva crónica (EPOC) e a inmunización".

Carlos Moral Paredes, médico de Atención Primaria en Chandrexa de Queixa: "Ourense é unha das zonas europeas máis avellentadas de Europa, e iso necesita un seguimento deste tipo de pacientes, máis continuo e personalizadoe a medicina rural neste caso permite dar ese tipo de atención". 

"E o mes de febreiro vaise dedicar aos cribados poboacionais e aos pacientes polimedicados", explica a enfermeira Lucía Bruquet. 

"E logo seguiremos por outras patoloxías como a diabetes ou a hipertensión",  apunta o médico de Chandrexa de Queixa, Carlos Moral Paredes.

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade