Publicador de contidos

Publicador de contidos

Alerta en Poio polo aumento da delincuencia

Alerta en Poio polo aumento da delincuencia

A Policía Local do municipio só conta con 7 axentes para atender unha poboación de máis de 17.000 habitantes

G24.gal 05/02/2025 13:59

Saltan as alertas en Poio pola vaga de roubos que veñen sufrindo nas últimas semanas, nas que os ladróns entraron nunha vivenda, subtraeron dous coches e forzaron outros para roubar efectos do interior.

Dende a Policía Local fan un chamamento á poboación para que extremen as precaucións e convidan a denunciar para poder dar cos autores destes delitos. De feito, a escasos metros da xefatura, os ladróns entraron nun garaxe comunitario e roubaron no interior de varios vehículos.

Tamén se soubo doutro no que roubaron gasóleo en coches estacionados na rúa e subtraeron dous que aínda non foron recuperados, o último este luns na zona da Pinela en Combarro.

A veciñanza reclama unha maior presenza policial para facer fronte a este aumento da delincuencia, xa que esta vaga de roubos coincide coa mingua do cadro de persoal da Policía Local de Poio, que desde hai tres meses non ten efectivos abondo para cubrir a quenda de tarde e actualmente tan só contan con 7 axentes para atender unha poboación de máis de 17.000 habitantes.

Fotograma do vídeo publicado pola Policia Local de Poio cunha serie de consellos para evitar roubos
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade