Publicador de contidos

Publicador de contidos

Detido un veciño de Lugo por agredir un home en Vilalba e causarlle graves lesións

Detido un veciño de Lugo por agredir un home en Vilalba e causarlle graves lesións

A vítima sufriu un corte profundo e requiriu atención médica inmediata

Centro de saúde de Vilalba Centro de saúde de Vilalba
G24.gal 05/02/2025 12:06 Última actualización 05/02/2025 12:10

A Garda Civil de Lugo detivo un home de 47 anos, veciño de Lugo, como presunto autor dun delito de lesións graves tras agredir a outro individuo cunha botella de cristal na localidade de Vilalba. 

Os feitos tiveron lugar durante a madrugada do pasado 5 de xaneiro, coincidindo coa festividade de Reis, cando o agresor propinou un forte impacto na cabeza da vítima ás portas dun establecemento hostaleiro da capital chairega.

A vítima sufriu un corte profundo que requiriu atención médica inmediata, motivo polo que inicialmente foi trasladado ao centro de saúde de Vilalba, malia que debido á gravidade das lesións, os facultativos determinaron o seu traslado urxente ao Hospital Universitario Lucus Augusti (HULA), onde recibiu tratamento especializado.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade