Publicador de contidos
Publicador de contidos

Puente confirma que o segundo viaduto reconstruido na A-6 no Castro abrirá o vindeiro día 30

Puente confirma que o segundo viaduto reconstruido na A-6 no Castro abrirá o vindeiro día 30

O seu colapso mantivo o tráfico da meseta a Galicia cortado por esta vía desde hai case dous anos e medio

G24.gal 16/12/2024 14:39

O ministro de Transportes e Mobilidade Sostible, Óscar Puente, asegurou este luns que a reapertura do segundo viaduto do Castro na A-6, que enlaza Castela e León e Galicia e que colapsou en xuño de 2022, producirase o próximo 30 de decembro.

Durante a súa participación nun almorzo informativo organizado en Valladolid polo Diario de Castilla y León-El Mundo, Puente defendeu que o seu compromiso de finalización antes de que concluíse este ano vaise cumprir "ao milímetro".

O ministro explicou que foi unha “mala concepción da obra” a que levou a este desprendemento, que mantivo o tráfico da meseta a Galicia cortado por esta vía desde hai case dous anos e medio.

Puente considera que a inauguración servirá para "poñer en valor o traballo dos técnicos e as empresas, que demostraron un nivel que hai en poucos lugares do mundo".

"Acábano de demostrar en Valencia e demostrárono en Galicia. A ver que empresas no mundo son capaces de facer en tan pouco tempo un alarde de obra pública como o que imos ver no Castro nuns días. É unha proeza", afirmou

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade