Publicador de contidos
Publicador de contidos

Diverxencias entre o PSOE e o PP sobre os contratos irregulares denunciados por Aldama

Diverxencias entre o PSOE e o PP sobre os contratos irregulares denunciados por Aldama

Desde o PSOE din que as explicacións de Óscar Puente sobre os contratos aos que aludiu Aldama demostran que a palabra deste non vale nada

No PP aclaran que Aldama non se refería aos contratos iniciais, senón "aos modificados deses contratos" asinados por Ábalos

G24.gal 07/12/2024 18:17

A responsable económica na executiva do PSOE, Enma López, compareceu hoxe para sinalar que España vai mellor ca nunca coa excepción da oposición e falou dun "PP desnortado e sen proxecto". Os xornalistas interesáronse polo caso Aldama e o chío de Óscar Puente, que cuestiona os contratos denunciados polo intermediario.

"O que demostra é o que xa sabiamos, que a palabra do señor Aldama nada vale. Fala dunha serie de contratos e resulta que soamente un parece ser que foi da época do señor Ábalos e que algúns deles nin sequera foron aínda licitados. Isto é o que vale a palabra deste señor e a verdade sairá adiante, a verdade saberase", explicaba Enma López, secretaria de Política Económica do PSOE.

Sobre a economía, Elías Bendodo desde o PP salientou que a vivenda é un exemplo da política-ficción de Sánchez, porque considera que non cumpriu ningunha promesa neste ámbito. E en relación co chío de Óscar Puente, que exculpaba a Ábalos dos contratos irregulares, agás dun, ofrece unha versión moi diferente.

"Que non nos engane, non nos engane... Non estamos falando dos contratos iniciais, estamos falando dos modificados dos contratos. Os modificados dos contratos, que si son os que asinou Ábalos. Que non lle tome o pelo á xente", replicaba Elías Bendodo, vicesecretario de Política Autonómica e Municipal do PP.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade