Publicador de contidos
Publicador de contidos

Publícanse as mensaxes entre Koldo García e o ministro Torres sobre pagos da trama

Publícanse as mensaxes entre Koldo García e o ministro Torres sobre pagos da trama

Segundo as mensaxes, Torres encargouse persoalmente de que eses pagos se axilizasen

G24.gal 23/12/2024 16:11

El Mundo publicou este luns a conversación mantida por WhatsApp entre o ministro de Política Territorial e Memoria Democrática, Ángel Víctor Torres, durante a súa etapa como presidente canario e o exasesor de José Luis Ábalos Koldo García.

Koldo reclamáballe ao actual ministro o pago dun contrato que correspondería  á compra de máscaras á empresa Solucións de Xestión, para a que traballaba o empresario e presunto comisionista Víctor de Aldama.

Torres encargouse persoalmente de que eses pagos se axilizasen. O xoves 30 de xullo de 2020 confírmalle que se deu a orde de pago, que o asunto está resolto, e confésalle que durmirá mellor. Pero os cartos non chegaron e o luns seguinte, o 3 de agosto, Koldo volve á carga e pídelle se o pode mirar. Tan só un minuto despois, Torres respóndelle. Dille que está co conselleiro de Sanidade e que o asunto está resolto. Que a orde de pago está no departamento do Tesouro e que non pode confirmarlle cando, pero que o ingreso será inminente. 

O ministro enmarca estas comunicacións dentro da normalidade. E defende que todos os contratos foron legais. Pero nega calquera relación con Aldama. 

Aldama acúsao de querer cobrar 50.000 euros por esta xestións, pero que se negou a pagarllos. 
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade