Publicador de contidos
Publicador de contidos

Un coche eléctrico compartido, iniciativa dunha aldea de Lousame pioneira en España

Un coche eléctrico compartido, iniciativa dunha aldea de Lousame pioneira en España

Nace como resposta á descarbonización e como un desafío nas zonas do rural onde non chega o transporte público

Coche eléctrico compartido na aldea de Froxán
G24.gal 26/11/2024 16:15 Última actualización 26/11/2024 17:09

É a primeira iniciativa de mobilidade eléctrica comunitaria de toda España: un coche eléctrico para compartir entre os veciños. Organízanse para usalo a través dunha aplicación de móbil e teñen previsto recargalo nunha planta de enerxía solar. Esta iniciativa lévase a cabo na aldea de Froxán, en Lousame, unha comunidade enerxética que produce e consome a súa propia enerxía eléctrica.

A Deputación da Coruña financioulles o 80 % deste coche que roda con enerxía propia e que, pioneiro en España, quere ser un exemplo de redución de emisións e tamén de aforro económico. A idea é tamén "demostrar que funcione, que se pode escalar e buscar as formas para que en comunidades máis grandes tamén se poida facer", di Joám Evans, director da Fundación Montescola.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade