Publicador de contidos
Publicador de contidos

Condenado a 12 anos de prisión por matar unha muller tras unha discusión en Pontevedra en 2023

Condenado a 12 anos de prisión por matar unha muller tras unha discusión en Pontevedra en 2023

Golpeouna con varios obxectos ata matala na súa casa en Estribela, onde quedaran para consumir drogas

Deberá pagar 90.000 euros á parella da vítima e 49.419 euros á súa nai

Vivenda onde se produciu o crime, a 22 de maio de 2023, en Estribela, Pontevedra Vivenda onde se produciu o crime, a 22 de maio de 2023, en Estribela, Pontevedra
G24.gal 26/11/2024 16:21

A sección segunda da Audiencia Provincial de Pontevedra, tras a conformidade alcanzada por todas as partes, condenou a 12 anos de cárcere, por delito de homicidio, un home que matou unha muller de 33 anos no barrio de Estribela, en Pontevedra, en maio de 2023.

Á hora de ditar a pena, tívose en conta a atenuante de drogadicción. Ademais, o acusado deberá pagar 90.000 euros ao compañeiro sentimental da vítima, coa que convivía, e de 49.419 euros á súa nai.

O maxistrado indica na sentenza que, por conformidade do acusado, declárase probado que o 22 de maio de 2023 estaba no domicilio da vítima e da súa parella e tras consumir drogas comezou unha discusión entre os tres.

A continuación, o mozo da vítima, marchou da vivenda tras forcexar co condenado. Segundo a setenza, nese momento empezou unha pelexa entre o condenado e a vítima e este "golpeouna repetidamente cun rolo de madeira, botellas de cristal e un paraugas, co propósito de causarlle a morte".

A sentenza é firme, ao manifestar a totalidade das partes a súa intención de non recorrela.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade