Catro detidos por 12 atracos con pistola en casas, estancos e farmacias de Pontevedra
Catro detidos por 12 atracos con pistola en casas, estancos e farmacias de Pontevedra
Considéranos tamén responsables de asaltar unha vivenda en Ribadumia
Catro persoas foron detidas como presuntos autores dunha ducia de roubos, principalmente en estancos e farmacias da provincia de Pontevedra, que actuaban con pasamontañas, vestidos de negro e con pistolas.
Aos sospeitosos, dous españois e dous colombianos, ademais de atracar farmacias e estancos da provincia de Pontevedra, tamén se lles considera responsables de asaltar unha vivenda en Ribadumia (Pontevedra), onde ataron aos residentes.
Dous foron detidos en Vigo, nunha vivenda da rúa Rorís, mentres que outro dos integrantes da banda residía en Taragoña, na Coruña.
A xuíza decretou o ingreso en prisión provisional, comunicada e sen fianza, de tres dos catro detidos (un dos arrestados foi posto en liberdade, coa obriga de comparecer cada 15 días no xulgado). Todos eles están investigados por roubo con violencia ou intimidación en establecemento aberto ao público.