Publicador de contidos

Publicador de contidos

Unha inflación que se resiste, por Venancio Salcines

Unha inflación que se resiste, por Venancio Salcines

G24.gal 28/02/2025 08:06

O IPC de febreiro pasa ao tres por cento, o dato mais alto dende xuño do 24. Aparentemente parecería un mal dato pero non é así. Esta suba non é consecuencia dun quecemento da economía, senón de cuestión conxunturais como son o incremento dos prezos da electricidade e a suba do IVE aplicado a esta enerxía.

Unha mirada mais estrutural lévanos cara á inflación subxacente, e aquí os datos son bos. Baixa ata o 2,1 %, o dato mais baixo en tempo, e mostra como se están comportando os prezos cando deixas fora a enerxía e os produtos da horta. Dito isto, existe incerteza sobre o futuro da inflación e polo tanto pola evolución dos xuros, do Euribor. Agora mesmo están estabilizados no 2,4 %, e aínda que é previsible que siga baixando, será, se ocorre, a unha velocidade moderada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade