Publicador de contidos

Publicador de contidos

Facenda rebaixa o IVE do pan sen glute do 10 % ao 4 % tras unha sentenza do Tribunal Supremo

Facenda rebaixa o IVE do pan sen glute do 10 % ao 4 % tras unha sentenza do Tribunal Supremo

A sentenza do Supremo, do pasado mes de outubro, establece que a actual redacción da Lei do IVE en relación coa non aplicación do tipo reducido do 4 % a un pan considerado especial segundo a normativa técnico-sanitaria e alimentaria española (o pan sen glute)

G24.gal 27/02/2025 13:20 Última actualización 27/02/2025 20:58

O Ministerio de Facenda rebaixou o IVE ao pan sen glute do 10 % ao 4 % tras unha sentenza do Tribunal Supremo que ditaminou que se debe aplicar ese tipo de IVE superreducido e equiparalo ao pan común.

Así se recolle na resolución do 24 de febreiro da Dirección Xeral de Tributos, sobre o tipo do Imposto sobre o Valor Engadido aplicable ao pan, que publicou este xoves o Boletín Oficial do Estado (BOE).

Desta forma, establécese que será de aplicación o tipo reducido do 4 % ao que se refire o artigo 91 da Lei 37/19921 ás entregas, adquisicións intracomunitarias ou importacións de todos os produtos referidos no Real Decreto 308/2019, do 26 de abril.

Os produtos que, respondendo á definición de pan común, pan especial ou produtos semi-elaborados referidos no mesmo, "fosen elaborados con fariña exenta de glute, ben sexa de forma natural ou porque fose obxecto dun tratamento especial para reducir o seu contido de glute, ou no que fariña fose substituída por outros ingredientes exentos de glute de forma natural, aínda que estes sexan maioritarios na súa composición".

O pan común é aquel que se elabora con fariña, auga, fermento ou masa nai e sal e está gravado cun IVE do 4 %, mentres que o pan especial é aquel que leva máis ingredientes e pódese elaborar de maneira distinta e con cociñados distintos.

Así, nesta categoría de pans especiais atópanse os pans multicereais, baguete, chapata, pan tostado, colíns, biscotes, picos, pan de molde ou o pan relado e tamén o sen glute. Estes pans están gravados ao 10 %.

A sentenza do Supremo, do pasado mes de outubro, establece que a actual redacción da Lei do IVE en relación coa non aplicación do tipo reducido do 4 % a un pan considerado especial segundo a normativa técnico-sanitaria e alimentaria española (o pan sen glute) "oponse ao principio de neutralidade" do IVE, na súa faceta de garantía da libre competencia e á doutrina do Tribunal de Xustiza da Unión Europea, que segundo a cal a diferenza entre tipos de gravame debe atender á perspectiva do consumidor medio sobre os produtos.

Desta forma, a sentenza resolvía a favor da empresa que fabricaba este tipo de pan especial e que o poñía no mercado, polo que este tipo de pan tiña que ser gravado, a xuízo do Supremo, co tipo superreducido do 4 %, a teor da Lei do IVE aplicable ao caso.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade