Publicador de contidos

Publicador de contidos

A economía galega medrou un 2,8 % en 2024

A economía galega medrou un 2,8 % en 2024

O PIB subiu seis décimas respecto ao ano 2023, pero sitúase catro por baixo do conxunto do Estado, segundo o IGE

O emprego medrou no conxunto do ano un 1,2 %, sobre todo no sector inmobiliario

 

Arquivo
G24.gal 28/02/2025 13:11

A economía galega creceu un 2,8 % en 2024, segundo a información da contabilidade publicado polo Instituto Galego de Estatística (IGE).

Este crecemento é superior en seis décimas ao de 2023 pero catro décimas menos se o comparamos co conxunto do Estado, que se situou no 3,2%. O PIB galego encadea así catro anos consecutivos en ascenso despois da abrupta caída sufrida en 2020.

As exportacións de bens e servizos medraron un 3,6 % e as importacións un 1,1 %. A demanda interna e o gasto en consumo final chegou ao 3,9 %, moi lonxe do 7,1% contabilizado en 2023. 

O emprego medrou no conxunto do ano un 1,2 %, oito décimas menos que en 2023. Por sectores, o inmobiliario rexistra o maior aumento (6,1%), o que contrasta coa caída do 5,3 % de actividades financeiras.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade