Publicador de contidos

Publicador de contidos

Robles acusa o PP de aplicar "a motoserra" no gasto en defensa cando gobernaba

Robles acusa o PP de aplicar "a motoserra" no gasto en defensa cando gobernaba

Os populares cren que o Goberno non vai ser capaz de cumprir co compromiso coa OTAN de subir a partida ao 2 % do PIB 

G24.gal 26/02/2025 13:41

A ministra de Defensa insistía este mércores no Congreso en que o Goberno "traballa" para chegar a un investimento do 2 % do PIB na defensa, a pesar de que varios socios parlamentarios están en contra.

Na sesión de control ao Goberno, Ione Belarra, líder de Podemos, preguntoulle a Pedro Sánchez se foi Junts quen o "obrigou a un aumento sen precedentes do gasto militar". Aclaroullo a ministra do ramo, Margarita Robles, ao recordar que o compromiso coa OTAN tomouse no 2014 cando Mariano Rajoy era presidente.

Pero agora o PP cre que o Goberno non vai ser capaz de cumprilo. Segundo o voceiro do partido, Borja Sémper, "nin os nosos socios europeos, nin os españois, merecemos nun momento tan crítico, en que xogamos a nosa liberdade, un Goberno tan débil".

Robles retrucoulle culpando os gobernos do PP de aplicar "certa motoserra" que deixou as forzas armadas "incluso sen munición".

Pola súa parte, o PNV instou o Goberno a preparar a defensa de Europa sen contar cos Estados Unidos. "Se agardamos un pouco, pode ser demasiado tarde", dixo Aitor Esteban na cámara baixa.

A de hoxe foi a última intervención no Congreso do voceiro vasco, que deixa o cargo para asumir a presidencia do PNV. Sánchez agradeceulle o seu labor e prometeulle cumprir a súa última petición de reformar a lei de secretos oficiais antes de que remate a presente lexislatura.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade