Publicador de contidos

Publicador de contidos

A industria galega ve na eólica mariña novas oportunidades sendo referente no sector

A industria galega ve na eólica mariña novas oportunidades sendo referente no sector

A asociación que agrupa os empresarios do sector eólico ven no mar potencialidade para xerar 17.000 empregos en España

Na revolución cara a enerxías menos contaminantes tamén avanzan proxectos de produción de hidróxeno verde

G24.gal 07/03/2025 14:19

A industria naval galega posiciónase como referente no sector da enerxía eólica mariñaJuan Virgilio Márquez, director xeral da Asociación empresarial eólica, explica que "se sacamos todo o potencial que ten España en eólica mariña, podemos chegar aos 17.000 empregos de alto valor engadido".

Un traballo especializado que xa desenvolven empresas galegas, como Emenasa, que colabora nun proxecto no mar do NorteManuel Solla, responsable de enerxía deste grupo, detalla o seu labor "subministrando parte do sistema de control feito en Vigo por enxeñeiros da Universidade de Vigo".

Nesa revolución cara a enerxías menos contaminantes tamén avanzan distintos proxectos de produción de hidróxeno verde, como o das Pontes. Antonio Casal, director territorial de ENCE en Galicia, insiste en que "é unha oportunidade magnífica para fabricar combustibles renovables".

Pero tamén hai certa preocupación como recoñece José García Costas, presidente da Cámara de comercio: "Eu teño medo de que polos últimos acontecementos parte dos recursos económicos que se xeran Europa se destinen a outras cousas que hai quince días non estaban na folla de ruta, e iso pode atrasarnos".

Representantes de distintas comunidades e organizacións debateron na Conferencia de cámaras de comercio do Arco Atlántico as posibilidades de colaboración para aproveitar as novas oportunidades que se presentan. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade