Publicador de contidos

Publicador de contidos

Auxe do turismo de cámpings en Galicia, con 380.000 viaxeiros en 2024

Auxe do turismo de cámpings en Galicia, con 380.000 viaxeiros en 2024

Santiago acolleu o primeiro congreso do sector

G24.gal 13/03/2025 14:49

Os cámpings en Galicia son un sector consolidado, pero que ademais non para de medrar. O pasado ano, os cámpings galegos rexistraron 380.000 viaxeiros, que sumaron máis de 1.200.000 estadías.

"O desenvolvemento do sector do cámping é espectacular. No 2024, o turismo medrou un 2% no conxunto en Galicia, pero o cámping medrou un 5%, é unha evolución moi positiva", destaca o director de Turismo de Galicia Xosé Merelles.

Galicia conta con 171 cámpings, que suman unhas 40.000 prazas e moitos atractivos que enganchan tanto os turistas de aquí coma os de fóra.

"Os campistas españois e europeos demandan Galicia e gústalles a nosa gastronomía, a nosa paisaxe, a nosa tranquilidade e o noso clima", explica o presidente da Asociación Galega de Cámpings Manuel Ochoa.

O cámping está en auxe e súmase aos cambios e novas tendencias do sector.

"Segue habendo moito campista tradicional que vén coa súa instalación, pero agora ofrecemos bungalows de última xeración, tendas glamping...", sinala Pedro Gómez, xerente do cámping Baiona Praia.

O mundo do cámping combina tradición e comodidade e contacto co medio natural.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade