Publicador de contidos

Publicador de contidos

Un camioneiro portugués, atrapado na trampa do GPS

Un camioneiro portugués, atrapado na trampa do GPS

Deixouse guiar polo navegador e acabou atascado nunha rúa de Fene

Un traballador da zona axudoulle a desprazar o camión cun vehículo 4x4

G24.gal 13/03/2025 13:59

Deixouse guiar polo navegador e un cruzamento de Fene acabou converténdose nun desafío insalvable para un tráiler dunha empresa portuguesa. 

"Eu escoitei un ruído de patinar, fun mirar e xa vin aí o camioneiro co seu camión atrapado. Ninguén parou a axudalo", di o propietario dun taller próximo.

Pero el achegouse canda o condutor e, ademais de alertar á Policía Local do que acontecera, tamén lle foi de grande axuda.

"Cun 4x4 sacamos o camión de aí" .

Ao lugar tamén se desprazou a Policía Local porque foi necesario cortar o tráfico mentres o camioneiro realizaba a manobra pertinente. 

"Regulárono uns minutos e xa non houbo máis gravidade".

Na zona contan que non é a primeira vez que sucede algo similar cun camión no mesmo cruzamento.

"Nesta subida os camións teñen dificultades para dar a curva". "Non é que pase todos os días, pero si con frecuencia".

Despois do susto e duns cantos minutos... o camioneiro puido continuar o seu traxecto pola avenida das Pías cara ao estaleiro fenés.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade