Interceptan na Coruña tras unha perscución unha muller que non tiña carné e deu positivo en drogas
Os axentes déronlle o alto, pero a muller comezou a fuxida, na que bateu con varios coches patrulla
Tras ser parada a policía comprobou que non tiña permiso de conducir e deu positivo nas probas sobre consumo de drogas
A Coruña foi escenario nas últimas horas dunha persecución policial saldada coa detención dunha muller que circulaba sen carné e que deu positivo en consumo de drogas.
Os feitos sucederon sobre as 14:00 horas deste domingo cando os axentes déronlle o alto, pero a muller comezou a fuxida polas rúas da cidade herculina.
Durante a persecución a muller golpeou co seu vehículo varios coches patrulla e, finalmente, os axentes conseguiron parala, comprobaron que a muller non tiña permiso de conducir e realizáronlle as probas de alcol e drogas, nas que ofreceu un resultado positivo en drogas.