Publicador de contidos

Publicador de contidos

Espectacular persecución tras unha furgoneta roubada en Ourense

Espectacular persecución tras unha furgoneta roubada en Ourense

O ladrón roubou unha furgoneta de reparto na zona do Vinteún e foi detido nas Lagoas

Na fuxida danou varios vehículos particulares e da Policía Nacional

 

G24.gal 05/02/2025 14:59

Cunha furgoneta de substitución e o susto metido no corpo, Juanjo regresa ao traballo despois de ser vítima dun roubo de película. Un home levoulle a furgoneta mentres repartía na zona do Vienteún, aproveitando que deixara as chaves postas. Malia que o perseguiu correndo ata este semáforo para que lla devolvera, os esforzos foron inútiles.

"Non quixo entrar en razón, fixo unha manobra evasiva e deulle aos vehículos dos lados. Golpeei a ventana para tentar romper o cristal, pero non fun quen, está moi duro", explica o repartidor Juan José Sánchez Otero.

Na fuxida danou a propia furgoneta e varios vehículos que pasaban pola zona. Un coche e unha moto decidiron seguilo nunha persecución polas rúas da cidade á que pronto se incorporou a Policía. No camiño deixou parte da carga da furgoneta e mantivo en suspense peóns e condutores.

"Colleu unha dirección prohibida para xirar, o rapaz do repartimento seguiuno e case o leva por diante".

"Os coches que se puxeron por diante levaron rascaduras no lateral".

"Eu traballo en algo similar e dáme moita carraxe, é un traballador autónomo que traballa coa súa furgoneta moitas horas cada día".

Tamén os coches da policía sufriron danos ao cortarlle o paso. Por sorte, non houbo feridos e finalmente lograron deter o ladrón na zona das Lagoas. 

"O home viu a oportunidade e imaxino que non pensou nada, ao final foron danos materiais nos vehículos, pero podería ter atropelado un peón", explica o repartidor.

O detido, un vello coñecido da policía, pasará a disposición xudicial nas próximas horas. Malia a espectacularidade do sucedido, semella que actuou de xeito improvisado, movido por un arrebato que puido ter consecuencias fatais.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade