Publicador de contidos

Publicador de contidos

A DXT inicia este luns en Galicia unha campaña de control do uso do cinto

A DXT inicia este luns en Galicia unha campaña de control do uso do cinto

Tamén vixiará a correcta utilización dos sistemas de retención infantil que deben estar homologados

Tráfico lembra que levar o cinto reduce á metade o risco de falecemento en caso de accidente

Control da DXT nunha imaxe de arquivo. FOTO: Garda Civil
G24.gal 09/03/2025 17:34 Última actualización 10/03/2025 14:40

A Dirección Xeral de Tráfico inicia este luns unha campaña especial de control e vixilancia sobre o uso do cinto de seguridade e da retención infantil que se estenderá ata o vindeiro domingo 16 de marzo.

Segundo os últimos datos da DXT, en Galicia o 20 % das persoas que faleceron no 2024 en accidentes de tráfico con turismos implicados non tiñan o cinto posto.

Eladio Santos, subdelegado do Goberno en Ourense: "Na campaña do anos pasado detectáronse, nunha semana, mil casos en Galicia e as infraccións por non facer uso do cinto están entre os tres primeiros motivos de perda de puntos".

Para a Delegación do Goberno, son cifras "especialmente preocupantes" porque o seu uso reduce á metade o risco de falecemento en caso de colisión e nun 77 % se envorca o vehículo.

Javier Barja, capitán do Subsector de Tráfico de Ourense "Incideremos máis naqueles lugares onde se rexistran máis infraccións deste tipo como proximidades de colexios, extrarradios das grandes cidades e vilas ou nos transporte de viaxeiros".

O obxectivo deste operativo é concienciar sobre a importancia tanto do cinto de seguridade como dos sistemas de retención infantil, que deben estar homologados.

Datos da última campaña

Na campaña do ano pasado controlaron 49.853 vehículos en Galicia, dos que 1.030 foron denunciados. Do total, 44.528 eran turismos (854 denuncias); 1.061 eran taxis (dúas denuncias); 716 foron autobuses (11 denuncias) e 3.548 transportes de mercadorías (163 infraccións).

Unha persoa abrocha o cinco nunha imaxe de arquivo. FOTO: SCT Unha persoa abrocha o cinco nunha imaxe de arquivo. FOTO: SCT
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade