Publicador de contidos

Publicador de contidos

SETGA, os iluminadores de Europa

SETGA, os iluminadores de Europa

A empresa galega prové centos de concellos de Países Baixos e Francia

G24.gal 04/03/2025 14:55

Máis de 120 concellos dos Países Baixos son clientes dunha empresa galega de iluminación pública, SETGA, que é, por certo, unha das dúas únicas que hai en España no seu ámbito. Fronte á competencia chinesa que se está a facer co mercado, ofrecen durabilidade e seguridade. Por exemplo, unha iluminación para pasos de peóns deseñada para evitar atropelos. 

A proba de resistencia á chuvia que pasan as lámpadas da única emprega galega do sector é moi esixente. Hai probas similares para o desgaste da calor solar ou da néboa con salitre. Controis de calidade que complementan o deseño do seu equipo de enxeñería. Porque aquí son enxeñeiros o 30 % dos traballadores. A innovación incorpórana tamén nas probas de calidade da luz, non só como elemento de decoración e seguridade... 

"En función da cantidade de luz que emitamos nunha lonxitude de onda máis orientada cara aos azuis pois vai ser máis contaminante, por iso tentamos eliminala", explica Enrique Gallas, o director xeral de Setga.

A potencia e a forma de cada lámpada estúdase no laboratorio, para deseñar cantos puntos de luz pública e onde se sitúan. Hoxe amosáronlle á conselleira de Infraestruturas o seu modelo de iluminación de pasos de peón, din que podería reducir os atropelos, dos que se producen en España 500 ao ano. 

"Estamos implicados na mellora da seguridade viaria e queremos infraestruturas que sexan sostibles, humanizadas. Unha iluminación amable, que non produza contaminación luminosa e ademais un potente aforro enerxético", declarou María Martínez Allegue, a conselleira de Infraestruturas. 

"O 70 dos nosos produtos está feitos en Galicia de verdade. Nos dámoslles 20 anos de garantía aos nosos produtos e para iso hai que estar moi seguros. Imos contra a obsolescencia programada de forma frontal, pero en fronte temos un mercado que busca abaratamento", subliñou Angel González, o Presidente executivo de SETGA.

Por iso defenden para a adxudicación pública o concepto de custo de propiedade, que promova a compra dos produtos que a longo prazo son máis sostibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade