Publicador de contidos

Publicador de contidos

O Plan da automoción de Galicia, dotado con 234 millóns, buscar dar resposta aos retos do sector

O Plan da automoción de Galicia, dotado con 234 millóns, buscar dar resposta aos retos do sector

O Consello da Xunta deu luz verde ao programa que prevé investir nesta industria 234 millóns de euros ata 2027

O Executivo autonómico tamén aprobou a creación dun rexistro galego de puntos de recarga de acceso público para vehículos eléctricos

(Europa Press)
G24.gal 17/03/2025 13:36 Última actualización 17/03/2025 14:49

O Consello da Xunta aprobou este luns o Plan director do sector da automoción de Galicia que estará dotado con 234 millóns de euros ata 2027. 

O plan trata de dar resposta aos retos desta industria nos próximos anos. Segundo detallou María Jesús Lorenzana, conselleira de Economía e Industria, son cinco eixes principais e 67 medidas as que figuran neste plan.

A internacionalización, "clave para diversificar os riscos e aumentar os mercados"; a electrificación e o vehículo autónomo e conectado e a descarbonización, vinculada "a medidas de substentabilidade, competitividade e innovación"; investimentos "para incrementar a capacidade produtiva e a innovación"; e as persoas "priorizando a capacitación profesional"; e a mellora de infraestruturas e do solo industrial.

A automoción foi declarada como un dos nove sectores estratéxicos da economía galega, tras alcanzar en 2023 unha cifra récord de facturación con 13.000 millóns e xerar case 25.000 postos de traballo, o 14,8 % do emprego industrial de Galicia.

Localizar puntos de recarga de vehículos eléctricos

Ao mesmo tempo o Consello tamén autorizou crear un rexistro de puntos de recarga de acceso público para vehículos eléctricos. "É esencial manter as axudas non só á produción senón tamén á implantación de puntos de recarga. Estamos nunha boa posición, pero é necesario seguir avanzando e mellorando", proclamou a conselleira.

Galicia é a novena comunidade en puntos de recarga de coches de acceso público. Actualmente hai case mil. En tres meses estará en marcha o novo rexistro para axudar os condutores a localizar esas instalacións. Unha medida que o sector considera que pode axudar a vender máis coches eléctricos.

"Non podemos facer un desenvolvemento eficaz do vehículo eléctrico se os consumidores non podemos recargar con certa facilidade", di Enrique Mallón, secretario xeral de Asime.

A Xunta di que, en paralelo a este plan, haberá novas convocatorias de axudas para instalar puntos de carga e mercar vehículos sostibles.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade