Publicador de contidos

Publicador de contidos

Galicia reúne científicos e empresas para captar capital privado para a investigación

Galicia reúne científicos e empresas para captar capital privado para a investigación

Rueda destaca o apoio da Xunta a empresas vencelladas á I+D+i

G24.gal 19/02/2025 14:49

Máis de 360 investigadores e investidores de España e Europa reúnses en Galicia nas xornadas 'Investir en Ciencia si é rendible' para coñecer os proxectos nos que traballan os centros de I+D+i das Universidades de Santiago. Na inauguración deste encontro, que busca captar capital privado para eses proxectos, o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, explicou que o Goberno galego vai crear unha oficina para apoiar a chegada ao mercado dos avances en biotecnoloxía e que vai apoiar as empresas vencelladas á investigación.

Entres os proxectos que se presentaron nestas xornadas está o de Batea Oncology, que deseñou unha membrana para evitar que o glioblastoma, un dos tumores cerebrais máis agresivos, afecte aos tecidos sans; ou de Flowreserve usan a intelixencia artificial para diagnosticar doenzas do corazón con técnicas minimamente invasivas.

O reitor da Univesidade de Santiago, Antonio López, dixo que Galicia ten "tódolos ingredientes para ser unha gran potencia" na economía baseada no coñecemento, que necesita, remarcou, apoio público pero tamén investimento privado. Idea que comparte Alfonso Rueda, que explica que a Xunta vai apoiar a creación de empresas vencelladas á investigación. O presidente destacou que o plan galego de innovación prevé a creación dunha oficina de valorizción que busca aporbeitar os resultados do I+D+i no eido da biotecnoloxía.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade