Publicador de contidos

Publicador de contidos

Visibilizar a presenza de mulleres nas carreiras STEM esperta vocacións entre as nenas

Visibilizar a presenza de mulleres nas carreiras STEM esperta vocacións entre as nenas

"Agora mesmo hai que impulsar as nenas para que se poidan ver no futuro como científicas", dixo Dolores Sáenz, estudante de Ciencias no CPR Montespiño

O Día da Muller e a Nena na Ciencia cadra co dato de que a brecha salarial entre homes e mulleres volveu aumentar en 2024.
G24.gal 07/02/2025 14:25

Visibilizar a presenza de mulleres nas carreiras STEM (acrónimo en inglés que fai referencia a ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas) e contribuír así a que as menas escollan este tipo de tarefas. É o obxectivo deste Día Mundial da Muller e a Nena na Ciencia, declarado pola ONU hai dez anos.

Sempre houbo presenza das mulleres na ciencia. No pasado, cos seus logros agochados moitas veces tras os nomes dos homes. E hoxe, aínda, con menor visibilidade e menor acceso aos postos de mando. Pero están: no espazo, na programación algorítmica, na enxeñería industrial ou no laboratorio. 

"Nos campos de biomedicina somos maioría de mulleres, pero á hora de ser investigadoras principais ou ocupar postos de dirección, pois redúcense as ratios", declarou Angélica Figueroa, que xefa dun grupo de investigación sobre o cancro do INIBIC.

Nun coloquio organizado pola Confederación Empresarial da Coruña, alumnas de ciencias analizaron con profesionais consolidadas por que anos atrás as mulleres avanzaron en campos como a informática, onde agora volver ser minoría.

"Simplemente demostra que leva pasando toda a vida e que pode volver pasar, pero que se pode arranxar", declarou Lucía Cibeira, estudante de Ciencias Tecnolóxicas en 2º de BAC.

"Se analizamos o mundo laboral, si que hai medidas para favorecer a presenza de calquera talento, sexa do xénero que sexa, pero eu penso que hai nesgos inconscientes. Hai un moi notorio que se coñece como Efecto de Jennifer e John, onde vemos que ante dous currículos exactamente iguais o do home está mellor valorado ou se promove máis", comentou Angélica Figueroa,  xefa dun grupo de investigación sobre o cancro do INIBIC "
 

"Agora mesmo hai que impulsar as nenas para que se poidan ver no futuro como científicas", dixo Dolores Sáenz, estudante de Ciencias no CPR Montespiño.
 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade