A Xunta amosa a oferta en ensinanzas artísticas, deporte e idiomas de Galicia
Rueda destaca o incremento de estudantes nos ciclos formativos e a gratuidade das ensinanzas artísticas superiores
A Xunta amosa toda a oferta das ensinanzas artísticas, deportivas e de idiomas que se imparten en Galicia na feira Innovart, que se celebra este xoves e venres na Cidade da Cultura, un encontro para espertar vocacións no alumnado. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destaca o incremento de estudantes nos ciclos formativos e a gratuidade das ensinanzas artísticas superiores.
Viente e cinco centros e mil profesores e estudantes exhiben nesta feira a oferta que hai en Galicia para formarse en artes, deporte ou linguas. En Innovart atopamos concertos, espectáculos de danza, obradoiros de xoias, ilustración ou cerámica e actividades deportivas sobre ciclos formativos para especializarse en fútbol, atletismo ou vela.
Máis de 6.000 estudantes pasaron por Innovart, un encontro co que a Xunta busca amosar o talento do país e mesmo espertar vocacións. Nunha visita á feira, Alfonso Rueda destacou a aposta do Goberno galego pola Formación Profesional e lembrou que dende este curso a matrícula nas ensinanzas artísticas superiores é gratis en Galicia como na Universidade.