Publicador de contidos

Publicador de contidos

Innovación para afrontar os desafíos do futuro do sector agrario

Innovación para afrontar os desafíos do futuro do sector agrario

35 proxectos preséntanse en Santiago como fórmulas de mellorar a produtividade desde un punto de vista económico, pero tamén medioambiental ou de calidade alimentaria

G24.gal 27/02/2025 14:50 Última actualización 27/02/2025 15:09

Máis do 90 por cento do territorio galego dedícase a actividades agrarias. Un sector que, lonxe de identificarse co pasado, ten moito que dicir ante o desafío climático e territorial do mundo que vén.

Este xoves, en Santiago, empresas e institucións do sector xuntáronse para presentar proxectos de investigación e innovación que lles axuden a afrontar estes retos.

"Necesitamos ter capacidade para a produción sustentable de alimentos para toda a poboación e Galicia nese sentido pode converterse nunha despensa", declara Manuel López Luaces, subdirector xeral de Formación e Investigación Agraria da Axencia Galega de Calidade Alimentaria.

Hoxe en Galicia as actividades vencelladas ao sector primario supoñen un 30 % do emprego. O 90 % do territorio e centos de miles de cabezas de gando.

A maioría das investigacións que hoxe se presentaron en Santiago pretenden mellorar a produtividade das explotacións, desde un punto de vista económico, pero tamén medioambiental ou de calidade alimentaria. Presentaron ferramentas, aplicacións pensadas para os gandeiros, para coñecer as cotizacións do mercado da carne en tempo real ou para levar o control dos seus ingresos e gastos. Tamén se presentou o resultado dunha investigación que colocou sensores en máis de 200 colmeas.

"É moi importante porque a apicultura é unha gandería que repercute na agricultura, nas outras ganderías e na alimentación humana", di Esther Ordóñez, veterinaria da Asociación Apícola de Galicia.

Grazas a esa investigación déronse a coñecer novos consellos de manexo e que axuden a conservar a raza de abella galega. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade