Cargando resultados...
Carlos Negro: "Traducións que nos poñen os pés na terra, os ollos nas estrelas e abren o corazón"
Xeórxicas, de Virxilio, é unha afirmación da moral do mundo romano
Orbital, de Samantha Harvey, combina o grandioso do universo coa vida efémera dos humanos
Carta ao pai, de Franz Kafka, publicado postumamente, é unha crónica do desamparo mutuo
G24.gal
18/03/2025 15:00
Última actualización 18/03/2025 16:49
Case sempre falamos de libros publicados orixinalmente en galego, aínda que, si, ás veces, tamén falamos de tradución. Pero hoxe Carlos quere falarnos precisamente do valor das traducións con tres novidades de tres editoriais: Xeórxicas, de Virxilio, traducido por Lucía Gómez Fariña para Rinoceronte; Orbital, de Samantha Harvey, traducido por Juan Manuel do Río, para Rodolfo e Priscila, e Carta ao pai, de Franz Kafka, traducido por David Ángel Álvarez Martínez para Irmáns Cartoné.