Clara Pino: "Dámoslles voz a mulleres ilustres, pero non ás que realizan os traballos máis duros"
As trobadoreas silenciadas, editado por Editorial Elvira, está ilustrado pola artista Ángeles Garrido
O poemario é unha homenaxe ás traballadoras que teceron a historia coa súa loita e esforzo: marisadoras, leiteiras, cigarreiras ou labregas
Clara Pino manifesta no libro o seu compromiso co feminismo a través do labor das mulleres traballadoras silenciadas
As trobadoras silencidas, de Clara Pino é un libro "dedicado ás mulleres que nos deron azos para loitar polo lugar que nos corresponde nesta sociedade". Pino enche este poemario de coplas populares que se mesturan coas voces das mulleres que, no seu momento, abriron camiños novos cara á igualdade. Redeiras, labregas, tabaqueiras, leiteiras e aleitadoras, mariscadoras e outras que loitaron contra o abuso, amaron sen liberdade, sufriron violencia, coidaron antes que ser coidadas. Son as trobadoras silenciadas, que falan agora neste libro de poemas canda as ilustracións de Ángeles Garrido.